venres, 29 de setembro de 2017

Guía Primeros auxilios para padres




PRIMEROS AUXILIOS PARA PADRES

CARTA DUN EX ALUMNO PARA AS FAMILIAS E ALUMN@S DO COLE:


Moitas veces escoitei dicir eso de “ non aprecias o que tés ata que o perdes” e, realmente,   pensando no  cole ó que fun cando era pequeno, comprendo exactamente o que eso significa.
Agora que estou xa  comezando o último curso no instituto, non sei por que, pero me veñen moitos recordos e lembranzas dos comezos de curso  no cole Javier Sensat.
Eses comezos de curso que  tanto esperabas aínda que realmente había moi pouco que estiveras no cole, porque  foras ó Campamento,  ou porque celebraras o “cumple” dalgún compañeiro/a da clase  dos que naceran en verán, ou porque quedabas cos teus amigos/as algún día para xogar. 
Eses comezos de curso nos que , aínda que daquelas as nais/pais non tiñan grupo de whatsapp, todos e todas se coñecían, entre todos e todas se facilitaban os libros de texto, se organizaban para recollernos algún día das actividades ou do cole cando alguén non podía,… 
Eses comezos de curso nos que o primeiro que faciamos era pedirlles os nosos pais quedar para esa mesma tarde, para o día seguinte, para o venres,... a merendar no cole e eso significaba estar alí dende as 16:00 ata a hora na que nos repetían ata cen veces que xa había que irse.

E volvía cada setembro, a empezar un curso, nun cole tan acolledor, de poucos alumnos/as pero no que realmente te sentías especial porque tódolos mestres e mestras  coñecían o teu nome, te deran clase ou non; e, é máis, practicamente tódalas familias coñecían o teu nome, algo de ti, o curso no que estabas, a que actividade ías,…

Era unha gozada celebrar o teu cumple no cole, con tódolos compañeiros/as da clase, doutros cursos, os teus amigos, veciños, familiares,… disfrutábase moito e aprendín a apreciar a importancia de non excluír a ninguén  aínda que naquel momento non o entendera moito; e tamén aprendín que os agasallos pasaban a un  segundo plano porque o que molaba era estar xogando no patio, merendar rápido e saír, soplar as velas e volver a xogar,…

Pero o importante, o fundamental, era a ilusión, a motivación, a ledicia coa que ía cada día ó cole,… e agora pensándoo moi ben,  creo que eso era polo bo ambiente que había, pola relación que había entre os profes e as familias, entre as familias da clase e dos diferentes cursos e entre os compañeiros e amigos do cole;  pero tamén  polos tempos que se disfrutaban no cole a maiores dos tempos de clase.

Por eso, quero agradecer moito ós meus pais por pasar tanto tempo comigo no cole, tantas tardes no patio  para xogar cos meus amigos un rato ó fútbol, ó tenis, a polis e cacos, ó escondite,  no parque de rodas ou no areneiro, para bailar, correr ou dar voltas ó redor do edificio… ; por celebrarme os cumples  no comedor e poder xogar toda a tarde con toda a xente que quería; por colaborar coa ANPA e que eso significara que eses ratos de reunións que tiñan, de facer papeis e de falar con outras nais e pais, eran tempos para mín, para xogar no cole; por anotarme ás actividades extraescolares que me acordo que había moitísimas sendo un cole tan pequeno,…
E tamén quero agradecer moito ós mestres e mestras que tivemos por comprender a importancia dun cole aberto ós 365 días a tódolos alumnos e alumnas e as súas familias; por establecer unha relación tan cercana con todos; por fomentar realmente unha Comunidade Educativa; e a Jesús, o dire,  por permitir que todos tivesemos acceso libre   ó cole facilitándonos a chave do portal ( sei que a directora actual segue facilitándoo do mesmo xeito).

Gustaríame transmitir a tódolos alumnos e alumnas que estades agora e as súas familias que tendes moita sorte de estar neste cole, aproveitade moito estes espazos, tempos e privilexios que da o cole, porque o tempo pasa voando, e  vivir o cole dese xeito marca xa para sempre,… ata parece incluso que lle colles máis cariño a esto de estudiar e todo ;-)

Forte aperta dun descoñecido para uns alumnos, alumnas e familias privilexiadas!!

mércores, 14 de xuño de 2017

xoves, 1 de xuño de 2017

EXCURSIÓN A CIES


Por motivos de festivais varios dos nenos do cole (acrobática, natación, patinaxe.....)  cambiase a data de Cíes para o sábado día 10-06-2017. 

Se alguén dos apuntados xa non poden ir nesa data se fará a devolución correspondente. Para calquer cambio informar no mail anpaj.sensat@gmail.com. Os que se diron de baixa por favor que volvan a cubrir o cuestionario.  Se alguén máis se quere apuntar cubride o formulario e facer ingreso na conta da anpa indicando familia e número de entradas (Exemplo: Familia Hermida Gómez 4 billetes).

  Agradeceríamos que utilizarades esta opción. DATA TOPE: 04-06-2017

Tarifa adultos 10,50€ e os nenos ata 12 anos inclusive viaxarán con billete sen cargo.
            -Saídas de Vigo - Cíes: 12:25hrs
            -Regresos Cíes – Vigo: 20:00hrs

PARQUE DA ARTE


CAMPAMENTO VERÁN


xoves, 18 de maio de 2017

Andaina familiar nocturna


TALLER DE YOGA INFANTIL

El próximo domingo 21 de mayo, de 11.00 a 12.30,  haremos en Fisionavia un taller de YOGA INFANTIL. Pasarán un rato muy divertido practicando yoga
Anima a tus niñ@s a venir y pasa la informacion a quien creas que le puede interesar.
Namaste!!!


mércores, 10 de maio de 2017

Normas visitas al Parque Nacional das Illas Atlánticas


EXCURSIÓN A CIES

                       

APLAZASE A EXCURSIÓN A CIES PARA O MERCORES 17.
Saida as 10:45
Volta as 17:00 ou as 19:15

Os que non poidades ir e xa pagástedes se vos devolverían os cartos.
Os cambios de horario informadeos no mail anpaj.sensat@gmail.com.
Se alguen mais se quere apuntar facede o pago na conta da anpa e cubride o cuestionario.

Todos os cambios tendes que informalos ou facelos antes do venres as 22:00 hrs.

Grazas.

https://docs.google.com/forms/d/1YkoWS36U0hk3wBd9SOtncs667uYwcsyaNXgzhqhL7cw/viewform?edit_requested=true

Charla Reválidas


Concurso Día da Familia


Artículo sobre el acoso escolar



mércores, 26 de abril de 2017

venres, 7 de abril de 2017

sábado, 18 de marzo de 2017

Descuento entradas circo

Queridas nais e pais:
Dende o “Evolution circus” nos acercan o seu programa “OCEANIKA”. Fannos bo precio para grupos de máis de 20 persoas. O precio sería de 6 € a abonar en taquilla o día seleccionado media hora antes informando que sodes do cole Javier Sensat. Os interesados cubride a ficha e entregala na Anpa ou no buzón antes do día 23 as 18:00.
Podedes decirlle a familiares e amigos se estiveran interesados.



Xornadas de Convivencia



Mercadillo solidario


mércores, 1 de marzo de 2017

Taller de yoga para niños

TALLER DE YOGA INFANTIL El próximo domingo 12 de marzo, de 11.00 a 12.15,  haremos en Fisionavia un taller de YOGA INFANTIL. Pasarán un rato muy divertido practicando yoga.
Anima a tus niñ@s a venir y pasa la informacion a quien creas que le puede interesar. 
Namaste!!!




mércores, 22 de febreiro de 2017

Programación del campamento de Entroido


En el enlace se puede descargar el programa del campamento durante los días 27, 28 de febrero y 1 de marzo.

Programa CAMPAMENTO ENTROIDO 2017

sábado, 4 de febreiro de 2017

Liga natación

Otro año más el Concello de Vigo organiza la Liga de natación interescolar.
Os dejamos toda la información en los siguientes enlaces. Podéis dejar la ficha de inscripción en el ANPA.

Ficha inscripción

Programación

Reglamentos

Mercadillo solidario


Talleres de expresión y creatividad

Durante los próximos 6 sábados, desde el día 4 de febrero y hasta el 11 de marzo; Centro Comercial Plaza Elíptica en su interés y compromiso de promover activamente espacios al arte, a la creatividad, a la expresión, a los sentidos y sentimientos, a la pedagogía en todas las formas, disciplinas y para todas las personas promueve a través del Proyecto LA VENTANA ambulante, 4 talleres absolutamente geniales y con un valor diferencial único.

http://plazaeliptica.com/agenda/talleres-de-expresion-creatividad/