martes, 24 de febreiro de 2015

luns, 23 de febreiro de 2015

martes, 3 de febreiro de 2015

Obradoiros Casa das Mulleres Vigo

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e aquelas que non realizasen o curso con anterioridade.
Inscrición previa desde o día 30 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
 
Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
    - Sentido do humor: aspectos psicofisiolóxicos.
    - Qué me fai rír: risa activa, risa pasiva
    - Pensar en positivo: as miñas emocións.
    - Respiración alegre: ximnasia da risa.
 
O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os luns desde o 16 de febreiro ata o 27 de abril, de 10:00 a 12:00 h.
 
Obradoiro: “DE MUSAS A ARTISTAS. A MULLER AO LONGO DA HISTORIA DA ARTE”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: difundir e visibilizar a relación existente entre as mulleres e a Arte a través dun percorrido histórico.
Contidos:
    - O coñecemento sobre a historia da Arte desde unha perspectiva de xénero.
    - Os distintos movementos artísticos e a situación das mulleres neles.
    - A evolución dos papeis das mulleres: as musas e as deusas, as primeiras pintoras, a arte feminista, as comisarias, as historiadoras, etc.


O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os mércores desde o 25 de febreiro ata o 20 de maio, de 18:00h a 21:00 h.”

Fotos 1ª Xornada Liga natación