venres, 30 de xaneiro de 2015

1ª XORNADA LIGA NATACIÓN







Benxamines estar en la piscina a las 9:00, la competición comenzará a las 09.30 y termina a las 11:30

Promesas estar piscina a las 11.30, la competición se inicia a las 12:00

mércores, 28 de xaneiro de 2015

PRESENTACIÓN DA 13ª DA LIGA LINCO




Este curso escolar o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará por décimo terceiro ano consecutivo unha nova edición da Liga Interna de Colexios LINCO CLASS, dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, tódolos venres desde o mes de febreiro ata o mes de maio de 16:15 a 18:00 horas no Pavillón Municipal de Navia.



O acto de presentación da 13ª Liga LINCO terá lugar o próximo venres día 30 de xaneiro do 2015 no Pavillón Municipal de Navia ás 16:15 horas.


Neste acto levarase a cabo a presentación oficial das dúas competicións escolares que organiza a nosa entidade, das escolas deportivas participantes nas mesmas e do grupo de árbitros e oficiais. 

Aínda que o prato forte da xornada será a disputa dos primeiros partidos amigables do curso entre tódolos equipos das escolas deportivas.


PRÓXIMA CHARLA DA ESCOLA DE PAIS


sábado, 24 de xaneiro de 2015

Actividades extraescolares para nenos/as NEAE

Desde FOANPAS informannos:
Os nenos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) tamén poden asistir á actividade extraescolar de natación. Para iso, tedes que dirixirvos ao IMD á atención de Pepe para facer a solicitude de praza de natación inclusiva. 
Deste xeito, os/as nenos/as NEAE poden acudir á actividade cos/coas compañeiros/as de clase.

Queremos facer chegar esta información ás familias con nenos/as NEAE (autismo, TDAH, parálise cerebral, etc.) por se puderan estar interesadas.

Cursos Asociación Veciños de San MIguel de Oia

Prazas vacantes nos cursos impartidos na Asociación de Veciños de San Miguel de Oia (Vigo)

·         Lugar de realización: Asociación de Veciños de San Miguel de Oia (Vigo)
·         Nº de prazas vacantes: 10
·         Tel. de información: 986 804 100 (Extensión 41264)– De luns a venres de 8.00 a 15.00 h.

PROGRAMA
OBRADOIRO
DATA DE INICIO
HORARIO PREVISTO
CUSTO
MATERIAL A LEVAR POLO ALUMNO


PENSA EN TI


Traballos manuais en tea, coiro, e outros materiais


30/01/2015
(19:30-21:00)

Mércores e venres
19:30 – 21:00


6€

Arxila, retallos de tea ou coiro, vidro, pinturas, botóns, madeira.

TI TAMEN CONTAS


Fotografía

31/01/2015
(10:00 – 3:30)


Sábados
10:00 – 13:30

6€

Cámara de fotos

martes, 20 de xaneiro de 2015

xoves, 15 de xaneiro de 2015

LIGA DE NATACIÓN ESCOLAR 2015





Queremos comunicarvos que este ano se vai celebrar outra vez A Liga de Natación Escolar “Concello de Vigo”, organizada pola Concellería de Deportes de Vigo coa dirección técnico-deportiva do Club Natación Vigo Rías Baixas, coa colaboración de FOANPAS, IMD e Fundación Vide.

Sede: Piscina Municipal do Carmen ( Travesas).

Datas:
o Xornada 1: 01/02/2015
o Xornada 2: 08/03/2015
o Xornada 3: 26/04/2015

Horarios: dende as 9.00h hasta as 14.00

 Categorías:
φ Promesas: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2007-2008 e 2009
φ Benxamíns: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2003-2004-2005 e 2006

Probas: En ambas categorías : 25 metros libres e 25 metros costas ( de espalda)

Dende o ANPA do cole animámosvos a participar, para elo tendes que apuntarvos no local da ANPA, mediante unha nota no buzón ou deixando recado no contestador cos seguintes datos, antes do 21 de xaneiro:

- Nome, apelidos do niñ@
- Data de nacemento, curso
- Teléfono de contacto

TALLER PRIMIEROS AUXILIOS BEBÉS E NENOS/AS


martes, 13 de xaneiro de 2015

Concentración convocada por FOANPAS

Convócanos a unha concentración na Porta do Sol baixo o lema “COME E CALA” o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20.00 horas.

A finalidade é camiñar hacia un novo decreto de comedores: traballar para que a Consellería sexa capaz de escoitarnos.
  • Os comedores de xestión directa están a pasar un proceso decadente. Os cartos que a administración invirte neles non é suficiente.
  • Os comedores de xestión indirecta teñen problemas co servizo (calidade da comida, variedade…)
  • Os comedores xestionados polas ANPAS  cada vez asumimos máis e máis responsabilidades que non nos competen.