sábado, 29 de marzo de 2014

Campamento de verán da Xunta

Deixámosvos o enlace á Orde da Xunta pola que se regula a oferta de prazas xuvenís e a convocatoria para a Campaña de verán 2014.
 
ORDE 17 de Marzo

sábado, 22 de marzo de 2014

Convocatoria de ASEMBLEA

Vigo, 21 de marzo de 2014
Estimadas familias:
 Dende a Xunta  “ ofrécennos” pasar a ser membros dos comedores propios da Xunta. Esto supón unha serie de cambios significativos con respecto á situación actual. Axúntase a documentación aportada pola Xunta para a vosa información e poder opinar e valorar este cambio.

 

                Convócase  unha Asemblea de carácter extraordinario ( e de moita importancia polo que implica) para o 1 de abril ás 18:00h no Salón de Actos do colexio, na que, tras aclarar as dúbidas necesarias, procederase a unha votación para cambiar ou non a xestión do noso comedor.  

Mentres tanto, ademais, para todas aquelas familias que queiran ir resolvendo dúbidas sobre este tema, estará Itxaso no local da ANPA:

ü  martes, 25 de marzo, de 17:00-18:30h e

ü  mércores, 26 de marzo, de  16:00-17:00h;

Aquelas que non poida resolver, preguntaranse para dar unha resposta ás mesmas o día da Asemblea.

Un cordial saúdo!!!

ANPA

xoves, 20 de marzo de 2014

Horario Liga LINCO de Baloncesto 21 de Marzo

Deixámovos os horarios dos partidos de baloncesto de mañana:


Seguiremos aportando fotos se podemos, poderanse ver no enlace que xa se publicó.

luns, 17 de marzo de 2014

Eleccions Xunta Directiva ANPA

Non esquezades que o próximo 21 de Marzo todos poderemos participar na elección da nova Directiva do ANPA.

As  votacións faranse no local da ANPA no horario:

-   de 8:45 a 9:30h e

-   de 16:00 a 18:00h
As candidaturas que se presentaron foron as seguintes:
      Mª Elvira Pérez Monroy (mama de Aarón  González- 3 anos).  O seu equipo está formado por:
-          Mabel Martínez ( Greta  Pillado- 3 anos);
-          Gema Rasa  ( Víctor  Abad-2º Primaria);
-          Rosalía Soler (Inés Alonso - 3 anos);
-          Beatriz Gómez  (Aroa Iglesias - 3 anos);
-          Yolanda Fernández (Caín Romero- 2º Primaria).
 
-       Noelia Hermida Gómez ( mamá de Liam e Uma Varela - 4 anos e 1º Primaria). O seu equipo está formado por:
-          Miguel Varela (papá de Liam e Uma  - 4anos e 1º Primaria);
-          Javiera Lesende (mamá de Alejandro e Martin Rodriguez - 4 anos e 3º Primaria);
-          Mayte  Celeiro (mamá de Candela e Antía Fernández - 4 anos e  4º Primaria);
-          Andrea  Alonso( mamá de Aloia, Comba e Xenxo Villaverde- 3 anos, 1º Primaria e 2º Primaria);
-          Olalla Parada (mamá de Anxo Estévez-  4 anos)
-          Rosa Limia (mamá de Anxo López – 4 anos)
PARTICIPAR É MOI IMPORTANTE

 


martes, 11 de marzo de 2014

Horario Liga LINCO de baloncesto

Como sabedes, temos dous equipos que representan ao noso cole na Liga Interna de Colexios de baloncesto:


Os pequenos son AS SEMENTES JAVIER SENSAT 
e os maiores  OS ARADOS JAVIER SENSAT
Este próximo venres os peques descansan.

Deixámosvos os horarios e pistas de xogo dos maiores.



luns, 10 de marzo de 2014

Campamento Semana Santa


Estimadas familias:

 

            Estamos pensando en organizar outra vez un campamento para os días 14-21 marzo, correspondentes ás vacacións de Semana Santa. Poderase optar por 14, 15, 16 e 21 de abril ou soamente polo 21 de abril. 

 

            Para podérmolo organizar ben e coñecer a necesidade real do mesmo, mandámosvos a INSCRIPCIÓN para que a entreguedes no local da ANPA ou ben no seu buzón antes do 31 de marzo.
Podedes descargala no seguinte enlace:
 
 
HOJA DE INSCRIPCIÓN
 

            Os prezos de cada actividade SON ORIENTATIVOS, saberémolo unha vez que coñezamos a demanda. El listado de anotados, para su comprobación/modificación y precios definitivos, quedaran pegados en la ventana del local del ANPA, en la corchera exterior y blog a partir del 2 de abril.

Fotos da Liga de Natación





Un par de fotos dos nosos competidores...

FOTOS

O Entroido foi fantástico.....grazas a todos


Queridas familias, profes e  amig@s:                                        

Dende a ANPA e o seu  Comité de Organización de eventos, queremos darvos as gracias a tódolas familias e, lóxicamente, ós nen@s, pola vosa participación no ENTROIDO o 28 de febreiro no cole.
Como tod@s sabedes, era a primeira vez que se celebraba a tarde de Entroido no cole organizada exclusivamente por ANPA, e como moitos de vós xa viñerades pola mañán, non sabíamos como ía a resultar pola tarde. O éxito, dende a avaliación realizada dende a ANPA, foi total xa que houbo moitísima participación e, sobre todo, MOI BO CLIMA.
Gostaríanos facer algúns agradecementos especiais:

Ø  á boa disposición: presencia física de tantas familias e nen@s  disfrazados e sen disfrazar.  

Ø  á colaboración: coa merenda, organizando o comedor (especialmente, ó alumnado de sexto), recollida e limpeza posterior… Esto creou ambiente de unidade e bo funcionamiento.

Ø  pola música: Felipe (DJ ausente pero que nos proporcionou parte da música) e Anxo e Dani por pinchala.

Ø  polo material especial: sardiña feita por Andrés e paracaídas de Teté; aínda que, ó  final, non se fixo o manteo porque había moi bo ambiente e para non romper a dinámica que había.

Ø  polo rico  chocolate ( Catering Arelas) servido con gracia e maestría de Jorge.

Ø  Por cada un dos momentos vividos esa tarde que , algún deles están plasmados nas seguintes fotos.  Son poucas,  gostaríanos ter máis; se alguén ten e quere compartilas,  por favor , que as envíe ó correo  : anpaj.sensat@yahoo.es e as publicamos.  Se alguén non quere aparecer, por este mesmo correo que nolo comunique.

                MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S   e esperamos que se manteña a participación e colaboración nos seguintes eventos.

Vigo, 10 de marzo de 2014

FOTOS ENTROIDO 2014

domingo, 9 de marzo de 2014

Fotos Liga interna de Colegios - LINCO

No seguinte enlace irémosvos deixando fotos dos partidos que os nosos mozos de baloncesto están disputando na Liga Interna de Colexios (LINCO), os venres no Pabellón Municipal de Navia.

FOTOS BASKET LINCO

Nota.-  Se alguén non quere que o seu fillo apareza no blog, que nolo comunique polo correo do ANPA: anpaj.sensat@yahoo.es

venres, 7 de marzo de 2014

Campamento de Verán

Xa dispoñemos de información sobre o campamento de verán na Lanzada, organizada pola Diputación de Pontevedra.

No seguinte enlace deixámosvos toda a información e documentos para a inscripción
 

Xornada de liga de natación

 

No seguinte enlace podedes consultar a lista de xornada da Liga de natación organizada polo Concello de Vigo, participantes e horarios.

Desde o ANPA, moito ánimo aos nosos mozos, seguro que TODOS CAMPIÓNS!!

Lista de Xornada